Barómetro Cangués

    O "Barómetro Cangués" é un proxecto encadrado na área de Matemáticas de 3º de ESO do Colexio Compañía de María de Cangas. Con él pretendemos, cada ano, coñecer a realidade do noso concello ademais de que o alumnado da área aplique o aprendido no bloque de estatística nun contexto real.
    O traballo consta de varias fases:
  1. Fase de documentación: na que recopilamos e estudamos informes relacionados doutras institucións.
  2. Elaboración da enquisa: utilizamos tanto preguntas extraídas doutros estudos a nivel nacional e autonómico, como outras propostas polo propio alumnado.
  3. Difusión da enquisa e recollida de datos.
  4. Tratamento dos datos: por grupos e de forma colaborativa, elaboramos táboas de frecuencias, gráficos e parámetros estatísticos.
  5. Elaboración final do informe: no que traballan alumnos dos distintos grupos.
  6. Publicación
   
    Na parte de abaixo desta páxina podes atopar os Barómetros xa publicados.

Ċ
Manuel Pais,
21 abr. 2016 14:39
Ċ
Manuel Pais,
19 jun. 2013 14:08
Ċ
Manuel Pais,
19 jun. 2013 14:10
Ċ
Manuel Pais,
25 jun. 2013 15:00
Comments